López Abente traducido por Antón Zapata García

Na revista arxentina Caras y Caretas en 1923 | 2/15/2013

 

A recente publicación dos poemas «O castro» e «A miña terra» en Sinfonía Atlántica. Antología General de la Poesía Gallega (edición bilingüe, selección, estudo e tradución de Carlos Clemetson, Madrid, Editorial Eneida, 2013), que revelou a páxina da Fundación López Abente, serve para lembrarmos que na década dos vinte foron traducidos tres poemas de Gonzalo López Abente: un ao francés, outro ao castelán e outro ao portugués (pois outras colaboracións nas revistas portuguesas aparecen sempre no orixinal en lingua galega). Velaí:

  • Le charretierNós, 1, 30 de outubro de 1920. (Versión ao francés de Philéas Lebesgue, recollida de Les Tablettes. Boletín mensual de Saint Raphaël-Vas, do poema «O carreteiro»). O orixinal publicouse en Alento da Raza.
  • El abrazoCaras y Caretas, Bos Aires, 1303, 22 de setembro de 1923. Debaixo do título sinala: (Traducción del gallego por Antonio Zapata Garcíadel libro «Alento d’a Raza»).
  • Como ti queirasTríptico, Coímbra, 6, 15 de xaneiro de 1925. O orixinal publicouse en D’Outono. Na versión portuguesa, da que descoñecemos a autoría, hai unha serie de grallas (como o uso do ñ no canto de nh en ‘mansiña’, ou o uso do x no canto de j na forma verbal ‘sexa’) e o autor aparece como Gonzalo Lópes Abente. Tamén se engade: Do livro no prelo «D’Outono».

 

 

Xa puidemos comprobar nas Crebas de Miro Villar a tradución francesa emais a portuguesa, polo que hoxe reproducimos a versión castelá que fixo outro poeta da Costa da Morte, o laxense Antón Zapata García, que vivía na Arxentina desde 1903 e aló morreu en 1953 sen retornar.  E deseguida o orixinal en galego tal e como se publicou en Alento da Raza.

EL ABRAZOAntón Zapata no 1920

Entre los áureos hilos de la madeja ardiente
que vuela estremecida, del alto sol pendiente,
revuélvese ligero el zumbador tesoro
de rápidos insectos, coma una lluvia de oro.
Los pájaros ocultan su bulidor contento
entre el follaje mustio por el quemante aliento
de la jocunda siesta: Germinadora brisa,
formada en el misterio con la sensual sonrisa
del rostro refulgente de Príapo fecundo,
que, cual fuente de vida, va recorriendo el mundo.
Bajo de la ígnea tromba, polícromos lagartos
arrástranse enervados, holgazanes y hartos,
soñando suavemente con lúbricos amores
que arden dentro las clámides de mágicos colores.
Grita un cuervo, afligido por rijosa ardentía
que le aguijea el cuerpo, y allá, en la lejanía,
del seno montañoso, responde la burlona
voz de un eco festivo que mil risas corona.
Salta un sapo, buscando la oscura cueva amiga
donde suena amorosa de una hembra la cantiga.
Dos grandes mariposas, en la luz de sus brillos,
muy juntas, al son bailan de un concerto de grillos.
Extiende la hechicera diosa de nuestro canto,
bajo el umbrío bosque, su esplendoroso manto,
y el asombro se esparce por la extensión profunda
donde la fértil vida, palpitando, fecunda.
Es su áurea cabellera, luz de cielos serenos;
fuentes de amor y vida son los redondos senos,
palomas virginales que arrostran orgullosas
sus picos nacarados cual dos yemas de rosas.
Las columnas de mármol lentamente doblaron
y en el suelo el sagrario de aquel templo posaron.
Y ante él, de rodillas, el místico creyente
devoto le ofreció una oración ferviente,
con murmullos del agua de un arroyo risueño
que escurre en el regazo de un quimérico ensueño.
Meteoros vibrantes y cálidos, huídos
del pecho enamorado, que queman los sentidos;
chispazos escapados de la forja tronante
donde arden los amores del rendido gigante,
son las suaves palabras de esta oración grandiosa
que atormentan la carne de la doliente diosa.
El turbión del deseo el cuerpo de él agita,
cabe del santuario donde el placer palpita,
hasta que, ciego y loco, furente se desata
y, libre, corre y brama como una catarata.
Toca un mirlo en su flauta alegre melodía;
canta un himno la fronda de triunfal alegría,
mientras los brazos tiéndense ambos enamorados
y quedan los dos cuerpos fuertemente abrazados.

 

O ABRAZO

Antre os brilantes fíos da madeixa dourada
que voa estremecida, do alto sol pendurada,
reméxese lixeiro o fungador tesouro
de rápidos inseutos, coma unha chuvia de ouro.
Agochan os paxaros seu bulidor contento,
nas follas retorcidas pol-o ardoroso alento
da sesta voluptuosa: Xerminadora brisa,
no misterio formada co-a lasciva surrisa
do rostro refulxente de Priápo fecundo,
que, cal fonte de vida, vai recorrendo o mundo.
Baixo a tromba de fogo, polícromos lagartos
arrástranse enervados, preguiceiros e fartos,
soñando quedamente nos lúbricos amores
que arden dentro das túnicas de máxicos colores.
Berra un corvo, afrixido por ardentes desexos
que peteiranlle o corpo, y-alá, lexos, moi lexos,
no séo da montana, responde a vos bulrona
d’un eco bullangueiro que antre risas resona.
Salta no chan un sapo, buscando a coba amiga
onde soa amorosa d’unha femia a cantiga.
E dúas volvoretas, no fulgor dos seus brilos,
xuntiñas, ao son bailan d’un concerto de grilos.
Estende a feiticeira diosa do noso canto,
baixo a sombra do bosque, seu espréndido manto,
y-o asombro recorre toda a estensión seréa
onde a fecunda vida latexando procréa.
É a sua cabeleira fulgor dos craros céos;
fontes de amor e vida son os redondos séos,
inmaculadas pombas que arrostran orgullosas
seus peteiros de nácar cal dous botóns de rosas.
As columnas de mármol paseniño dobraron
e no chan o sagrario de aquel tempro pousaron.
Y-ante d’el, de xionllos, o místico creente
devoto lle ofrecéu unha oración fervente,
con marmulos da linfa d’un regato risoño
que escorre no regazo d’un quimérico ensoño.
Voadores tremantes e sonoros, fuxidos
do peito namorado, que queiman os sentidos;
moxenas escapadas da forxa retombante
onde arden os amores do rendido xigante,
son as quedas parolas d’esta oración grandiosa
que atormentan a carne da esmorecida diosa.
O turbión dos desexos o corpo d’el axita,
preto do santuário onde o pracer palpita,
hastra que, cego e tolo, furente se desata
e, libre, corre e brama coma unha catarata.
Na sua frauta un merlo toca unha melodía,
canta a fronda unha marcha de trunfal alegría,
mentes que os brazos tenden entrambos namorados
e quedan os dous corpos fortemente enlazados.

 


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada