A Comisión Executiva da Fundación López Abente apoia a Mendez Ferrín

3/11/2013

 

A Comisión Executiva da Fundación Gonzalo López Abente quere facer chegar ao sr. Méndez Ferrín o seu agradecemento polo labor feito como membro do Padroado de dita fundación, xa que se mostrou especialmente comprometido co nacemento e actividade da mesma. Asi mesmo parabenizamos ao sr. Méndez Ferrín – parabéns que personalizamos no Presidente, pero que facemos extensivos a tódolos membros da Comisión Executiva da RAG - polo seu labor na Real Academia Galega, labor que conseguiu achegar a entidade ao pobo galego e facer que sentiramos a Academia como propia. Agradecemos especialmente o traballo de defensa e compromiso pola dignidade da nosa lingua, nun tempo no que é necesario que tal compromiso sexa real, activo e sen concesións.

Na modesta opinión da Executiva desta fundación, o sr. Mendez Ferrín debería seguir ao fronte da Academia, e así llo pedimos, para garantir que esta entidade siga sendo o lugar onde a lingua galega se vexa xustamente coidada, protexida e promocionada e para que a Academia siga sendo a entidade da que tódolos galegos nos sintamos orgullosos.

 

En Muxía, 11 de marzo de 2013,

A Comisión Executiva da Fundación Gonzalo López Abente


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada