Carballo acolle unha nova presentación da Poesía completa de López Abente

13 de decembro, as 20 horas, no Casino de Carballo. | 12/ 8/2013

A presentación do volume que recolle a totalidade da obra poética do poeta muxián Gonzalo López Abente, baixo o titulo "Poesía Completa" será presentado en Carballo, o día 13 de decmbro, as 20 horas, no Casino de Carballo. Nun acto organizado conxuntamente co Instituto de Estudos Bergantiñáns.

No acto participarán, Xan Fernández Carrera, presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns, e patrón de Fundación Gonzalo López Abente ; X. H. Rivadulla Corcón, vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente; Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e Miro Villar, editor literario da obra que se presenta.
 
O volume está editado conxuntamente pola Fundación Gonzalo López Abente e Edicións Espiral Maior, dentro da colección Opera Omnia, e inclue os cinco libros editados en vida do poeta: Escumas da ribeira, Alento da raza, D´outono, Nemancos e Centileos nas ondas; tres libros que foron editados despois do seu falecemento: Bretemada, Decrúa e Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca; e unha serie de poemas aparecidos en revistas e xornais e inéditos.

Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada