Visita ao Museo Vicente Risco e Roteiro por Allariz

Excelente acollida da Fundación Vicente Risco á nosa Fundación | 9/27/2018

A visita cultural realizada a Allariz o 22 de setembro por un grupo de muxiáns e muxiás foi recibida polos membros da directiva da Fundación Vicente Risco, Luís Martínez-Risco, Aguilete e Antonio Blanco, que nos mostraron o contido de cada sala da Fundación. Ademais actuaron de guías polo centro histórico da vila alaricana dunha maneira amena e interesante. Agradecémoslles que nos adicaran a mañá do sábado dunha forma tan cordial e desinteresada.


Entrada antiga Novas de Interese