ONDE NACEN AS HEDRAS de Ana Varela Miño gaña o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Foto do xurado do VI Premio de Poesía GLA: Xulio Cid Neira, Suso Sambade e Noelia Gómez Calvo. | 7/ 1/2019

ACTA DO XURADO DO VI PREMIO DE POESÍA
GONZALO LÓPEZ ABENTE
 
Reunido o xurado do VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente composto polos poetas Noelia Gómez Calvo, Xulio Cid Neira e Xesús M. Sambade Soneira, Secretario da Fundación con voz e voto, decide por unanimidade conceder o Premio de Poesía Gonzalo López Abente ao poemario Onde nacen as hedras presentado co lema Pitia, que corresponde ao nome de ANA VARELA MIÑO.

 

En Onde nacen as hedras atopamos coherencia e cohesión en todo o percorrido poético, desde o título, as citas introdutorias de Anne Carson e Louise Grück, ata o propio corpo do texto. Trátase dun poemario que dá sinais, prevé o baleiro, abre as fendas do que xa non é, ata chegar a a habitar o oco, ese lugar onde nacen as hedras. Neste tránsito, a escrita actúa como o oráculo que todo o ve, que todo o cose, incluso a ruína. Sen dúbida, estamos ante o poetizar coidado e puído, que se revoluciona a si mesmo en cada poema. Unha linguaxe suave como o tacto da folla, composta de palabras que gabean pola lectura , como hedras.

Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada