López Abente presente no Calendario do Libro e da Lectura 2013

A Secretaría Xeral de Cultura lembra o 50º aniversario do pasamento do poeta muxián | 1/ 3/2013

A Fundación Gonzalo López Abente está de noraboa. O poeta muxián está presente no Calendario do Libro e da Lectura 2013, que recolle todas as datas relacionadas co libro e a lectura, para lembrar os natalicios ou pasamentos máis significativos dos nosos autores e autoras ou otras xornadas relacionadas coa literatura de nós.

Un calendario elaborado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta con motivo da celebración do Día das Librerías, que se conmemora anualmente o último venres de novembro. Así, as 230 librerías galegas federadas xa teñen esta lámina coas datas conmemorativas do ano que vén arredor dos libros. 

Entre todas estas datas, a Xunta destaca a do 23 de xullo, a celebración do 50º aniversario do pasamento do poeta muxián.

Agardemos que estes apoios vaia acompañado dos necesarios orzamentos para que a entidade poida traballar con xeito.

Máis información


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada