López Abente en clave musical

O compositor Miguel Brotóns compón unha nova partitura cun poema do muxián | 1/14/2013

O compositor alacantino Miguel Brotóns

Gonzalo López Abente segue conquistando todas as artes. A última, a música, a través do compositor alacantino Miguel Brotóns. Brotóns vén de compoñer unha nova partitura para canto e música de piano do poema "O meu mar" de Gonzalo López Abente.

Estaremos atentos a traer á composición en canto a teñamos dispoñible e agardamos podela representar co gallo do 50º Aniversario do pasamento do poeta muxián.


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada