Fallo do Iº Premio de Poesía Gonzalo Lopez Abente

O orixinal "Dos tempos sombrizos (diario)" da autoría de Daniel Salgado, foi o escollido polo Xurado | 7/ 2/2013

A Fundación Gonzalo López Abente, comunica que onte se reuniu o xurado do Iº Premio de Poesía Gonzalo López Abente, premio que se convoca en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral de Cultura.

O xurado estivo composto polos poetas Marilar Aleixandre, Miro Villar e X. H. Rivadulla Corcón, e por Viki Rivadulla como secretaria do mesmo, e decidiron declarar por unanimidade gañador ao orixinal titulado DOS TEMPOS SOMBRIZOS (DIARIO), que resultou ser da autoría de Daniel Salgado.

Na acta do fallo o xurado salienta a construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social. Tamén presenta unha rica intertextualidade coa poesía e a música contemporáneas (o jazz nomeadamente) e con poemas de forte contido metaliterario.

O premio será entregado o día 20 de xullo dentro dun programa de actos destinados a conmemorar os 50 anos da morte de Gonzalo López Abente. Nesta xornada, entre outras actividades, destaca unha conferencia sobre a obra de López Abente que impartirá Xosé Luís Méndez Ferrín, e a presentación da edición da Obra Poética Completa de Gonzalo López Abente, preparada por Miro Villar e editada po Espiral Maior.

O autorDaniel Salgado nunha imaxe de Xerais

Daniel Salgado, naceu en Monterroso 
en 1981, é poeta e xornalista.
Licenciado en Ciencias da Comunicación 
e doutorado en Filoloxía Galega 
pola USC.
Traduciu a Allen Ginsberg, Adrienne
Rich ou Lawrence Ferlinguetti ao galego
e a Lois Pereiro ao español.
Fai parte da banda de música
electrónica Das Kapital.
Como poeta ten editado: Sucede, (2004
Espiral Maior). Días no imperio,
(2004, Sociedade de Cultura
Valle-Inclán).
Éxodo, (2006Xerais).
Os poemas de como se rompe todo,
(2007Sotelo Blanco).
Ruído de fondo, (2012, Xerais).

Agora, Salgado verá publicado esta
nova obra pola Editorial Xerais.


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada