Programa de actos do 50 aniversario do Pasamento de López Abente

7/ 4/2013
Actos do 50 aniversario do pasamento de Lopez Abente
A Fundación ten artellado un completo Programa de actos para conmemorar o 50 aniversario do pasamento do poeta muxián: 
 
13 de xullo 2013: 
 
       - Ás 20:30 h: Inauguración da mostra de pintura e escultura  “O meu mar” de  Viki Rivadulla, no Centro Social (Edif. Servizos Múltiples) con Antón Castro e os poetas Miguel Mato, Miro Villar, Rosalía Fernández, Serxio Iglesias e X. H. Rivadulla Corcón.
 
      - Ás 22:30 h: Espectáculo musical “Os poetas e a súa música”. Coa estrea da partitura do compositor Miguel Brotóns sobre o poema "O meu mar" de Gonzalo López Abente. Intérpretes: Teresa Novoa (Soprano) e Alejo Moledo (pianista), no Salón de Actos do Voluntariado
 
 
20 de xullo de 2013:
 
      - Ás 19:45 h: Ofrenda floral no Camposanto
 
      - Ás 20:30 h, no Salón de Actos do Voluntariado: 
 
                        o Presentación da Obra poética Completa de Gonzalo López Abente (Espiral Maior) –  edición preparada por  Miro Villar
 
                        o Entrega do I Premio de Poesía Gonzalo López Abente
 
                        o Actuacións das Pandereteiras de Muxía e Coral Polifónica Virxe da Barca
 
                        *Ao remate servirase un viño galego aos asistentes
 
 
 

Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada