Sae á rúa "Dos tempos sombrizos"

A obra de Daniel Salgado levou o 1º Premio de Poesía Gonzalo López Abente | 12/12/2013

Xa case que está na rúa o libro do xornalista Daniel Salgado que recibiu o 1º Premio de Poesía Gonzalo López Abente. "Dos tempos sombrizos (Diario)" foi escollido polo xurado pola construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social.

O premio foi entregado durante os actos do 50 aniversario do pasamento de López Abente.

Xa se pode mercar a través da Tenda da Fundación GLA.


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada