En marcha o II Premio de Poesía Gonzalo López Abente

A Fundación López Abente e a Secretaría Xeral de Cultura convocan a segunda edición do certame | 3/24/2014

A Fundación Gonzalo López Abente en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o II Premio de Poesía Gonzalo López Abente, en lingua galega.

A Fundación Gonzalo López Abente quere con este premio de poesía contribuír a dar difusión ao nome do autor muxián, ademais de contribuir á produción de obra poética en lingua galega. Con este fin asinará senllos convenios coa Consellería de Cultura –para o cofinanciamento do premio- e con Edicións Xerais de Galicia- para a publicación da obra gañadora.


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada