Presentación do poemario “Os días condenados. Fragmentos para un devocionario”, de Laureano Xoaquín Araújo Cardalda, II Premio de Poesía Gonzalo López Abente, editaro por Xerais

A cita terá lugar o 25 de febreiro na Libraría Coucieiro de Santiago de Compostela ás 20:00h | 2/20/2015

Presentacion do II Premio de Poesia Lopez Abente

 

A Fundación Gonzalo López Abente, comunica a presentación pública do libro gañador do IIº Premio de Poesía Gonzalo López Abente, que leva apor título “Os días condenados. Fragmentos para un devocionario”, da autoría de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda. Editado por Edicións Xerais de Galicia.

 

O Acto terá lugar o 25 de febreiro na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6 de Santiago de Compostela) as 20.00 h. E participarán X. H. Rivadulla Corcón (Fundación Gonzalo López Abente) Manuel Bragado (Edicións Xerais), María Arce (Poeta e filóloga), o autor Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, e contarase coa actuación da arpista e cantante Clara Pino.

Laureano Xoaquin Araujo Cardalda

O premio de poesía Gonzalo López Abente, convócano conxuntamente A Fundación Gonzalo López Abente e a Secretaria Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e edita o orixinal gañador Edicións Xerais de Galicia.

 

O autor, Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (Berna – Suíza 1964) é profesor de Alemán de ensino secundario en Santiago de Compostela. Tradutor, tendo traducido ao galego entre outras obras A morte en Venecia de Thomas Mann e Opinións dun pallaso de Heinrich Böll. É doutor en ciencia política e licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. E ten publicado e ditado conferencias sobre ensino, sociolingüística e tradutoloxía. OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO, é o seu primeiro libro de poemas editado.

 

Na contracapa do libro saliéntase: “Arroupada por unha constelación de voces amigas, a palabra celebra a plenitude do amor e do sexo, evoca os momentos atrapados e os obxectos marcados, recoñece a impotencia ante o abandono e a perda, reclama a memoria, contempla as identidades esgazadas, abraza quizais a esperanza. Entoa, en suma, un canto á gallardía”.

 

 


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada