ABERTO O PRAZO DE ENTREGA DE ORIXINAIS DO III PREMIO DE POESÍA GONZALO LÓPEZ ABENTE

A Fundación Gonzalo López Abente e a Secretaría Xeral de Cultura  da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univesitaria da Xunta de Galicia, convocan o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, en lingua galega. | 3/19/2015

III Premio de Poesia Fundacion Lopez Abente

A Fundación Gonzalo López Abente quere con este premio contribuír a dar difusión ao autor muxián. Gonzalo López Abente naceu en Muxía en 1878 e morreu na mesma localidade en 1963. Foi un escritor esencial para a literatura e a cultura galega na primeira metade do século XX,  sirva como proba o que del dixo Vicente Risco: “López Abente é un clásico (...) un pouco rudo e como batido polo mar, porque é o seu un clasicismo atlántico...” Outros escritores que teñen loado a súa escrita foron, entre outros, Otero Pedrayo, Marinhas del Valle ou Sebastián Risco, e na actualidade un recoñecido abentiano é Méndez Ferrín. Entre os feitos que destacan na súa vida compre citar a súa participación activa nas Irmandades da Fala dende a súa fundación en 1916. Editado en 1918, o seu libro Alento da Raza foi un dos referentes da poesía patriótica. En 1922 formará, con Vicente Risco e Castelao a Irmandade Nacionalista Galega. En 1926 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. En 1931 apoia a constitución do Partido Galeguista, e no ano 36 participou en mitins a favor do Estatuto de Autonomía. Foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores de Galicia, que se constituíu en Compostela o 30 de marzo de 1936. En 1941 entra a formar parte da Real Academia Galega, e no acto de ingreso ten a valentía de ler o seu discurso en lingua galega, co título “A Terra e a poesía de Eduardo Pondal”.

Tamén é intención da Fundación contribuír á produción de  obra poética en lingua galega, que pasa, nestes tempos, por momentos moi difíciles, case de clandestinidade, por mor das escasas publicacións de poesía que se realizan, a pesar de ser este un xénero esencial para a cultura galega ao longo da súa historia, dende as épocas da lírica medieval, pasando pola etapa do Rexurdimento, e incluso a día de hoxe, como xénero máis representativo da literatura galega internacionalmente, sen que isto teña un xusto reflexo no eido editorial.

Bases do III Premio de Poesia da Fundacion Lopez Abente
 
 

Presentación do poemario “Os días condenados. Fragmentos para un devocionario”, de Laureano Xoaquín Araújo Cardalda, II Premio de Poesía Gonzalo López Abente, editaro por Xerais

A cita terá lugar o 25 de febreiro na Libraría Coucieiro de Santiago de Compostela ás 20:00h | 2/20/2015

Presentacion do II Premio de Poesia Lopez Abente

 

A Fundación Gonzalo López Abente, comunica a presentación pública do libro gañador do IIº Premio de Poesía Gonzalo López Abente, que leva apor título “Os días condenados. Fragmentos para un devocionario”, da autoría de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda. Editado por Edicións Xerais de Galicia.

 

O Acto terá lugar o 25 de febreiro na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6 de Santiago de Compostela) as 20.00 h. E participarán X. H. Rivadulla Corcón (Fundación Gonzalo López Abente) Manuel Bragado (Edicións Xerais), María Arce (Poeta e filóloga), o autor Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, e contarase coa actuación da arpista e cantante Clara Pino.

Laureano Xoaquin Araujo Cardalda

O premio de poesía Gonzalo López Abente, convócano conxuntamente A Fundación Gonzalo López Abente e a Secretaria Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e edita o orixinal gañador Edicións Xerais de Galicia.

 

O autor, Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (Berna – Suíza 1964) é profesor de Alemán de ensino secundario en Santiago de Compostela. Tradutor, tendo traducido ao galego entre outras obras A morte en Venecia de Thomas Mann e Opinións dun pallaso de Heinrich Böll. É doutor en ciencia política e licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. E ten publicado e ditado conferencias sobre ensino, sociolingüística e tradutoloxía. OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO, é o seu primeiro libro de poemas editado.

 

Na contracapa do libro saliéntase: “Arroupada por unha constelación de voces amigas, a palabra celebra a plenitude do amor e do sexo, evoca os momentos atrapados e os obxectos marcados, recoñece a impotencia ante o abandono e a perda, reclama a memoria, contempla as identidades esgazadas, abraza quizais a esperanza. Entoa, en suma, un canto á gallardía”.

 

 


Plácido Castro convócanos a pensar de novo o Humanismo da man de África López Souto

1/18/2015
XVI Conferencia Anual Plácido Castro en Muxia

A décimo sexta edición da Conferencia Anual Plácido Castro versará este ano sobre a vixencia do humanismo. Certamente, unha das características da xeración de Plácido Castro (1902-1967) foi o seu saber enciclopédico, produto dunha formación coidada que prestaba moita atención á transmisión dunha bagaxe cultural ampla e sólida. Ese amplo saber, que nutría unha fonda sensibilidade, tradúcese nunha peculiar devoción polas linguas e a tradución, polas artes e a razón, entre outros.

A relación de Plácido con Muxía que a Fundación quere reivindicar rememora os días posteriores á guerra civil, cando Plácido foi acollido nesa vila na casa duns familiares mentres, probablemente, a súa familia, procuraba unha saída á súa situación. Naquel tempo membro destacado do Partido Galeguista e integrante do seu cumio directivo, Plácido acabou por ser condenado a quince anos de inhabilitación absoluta e a oito anos e un día de desterro a máis de 100 km de Muxía, ademais de ter que aboar unha multa de 25.000 pts. 

A conferencia será impartida pola licenciada e doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, África López Souto. O tema da súa tese foi ''O individuo na filosofía de Michel Foucault'' (1999).

Exerceu como profesora de filosofía en varios institutos de bacharelato galegos desde 1990 ata 1996, e posteriormente –en excedencia do ensino- residiu durante seis anos en Bolivia, onde traballou en diferentes ámbitos relacionados coa cooperación para o desenvolvemento, mormente coa Axencia Española de Cooperación Internacional. Continuou a súa actividade neste campo durante dous anos máis na Xunta de Galicia. Desde 2005 dedícase de novo ao ensino de filosofía en Secundaria.

Impartiu clases na Universidade Maior de San Andrés en La Paz (Bolivia); e pronunciou cursos e conferencias en torno á solidariedade internacional en diferentes contextos. Así mesmo, durante varios anos colaborou activamente coa Aula Castelao de Filosofía, no cadro da cal presentou varias comunicacións.

Actualmente está a traballar de profesora no IES Parga Pondal (Carballo-A Coruña). Entre as súas obras, cómpre destacar  Simone Beauvoir. Baía Pensamento. Baía Edicións, 2008 ou Concepción Arenal. Baía Pensamento. Baía Edicións, 2004. Tamén é autora da revisión filosófica da tradución ao galego do primeiro volume de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir.

A XVI Conferencia Anual Plácido Castro realizarase o próximo 23 de xaneiro en Muxía, no Salón de Actos do Voluntariado, Edificio do Mercado, a partires das oito da tarde.

Na realización da actividade colaboran o Concello de Muxía e Fundación López Abente.


Novo Roteiro Abentiano para a Didáctica da Fundación

8/19/2014

Xa se pode descargar o novo Roteiro Abentiano cos Poemas de López Abente da ruta Muxía - Touriñán [pdf], coa ruta e os poemas que fan referencia aos puntos de interese.


Coñecendo a terra de López Abente

Medio centenar de persoas disfrutaron do Roteiro Abentiano | 8/19/2014

Roteiro Abentiano en Touriñán

Medio centenar de persoas disfrutaron o pasado 15 de agosto do Roteiro Abentiano que artelloy a Fundación. Foi Xan Fernández Carrera o guía, o que foi descubrindo os lugares máis especiais para o poeta muxián. Pero ademais, a ruta contou con emotivos momentos poéticos, e Rosalía Fernández Rial e Xaime Trillo recitaron varios poemas de López Abente.

Tamén participou Suso Sambade falando da vida e obra do autor. Contouse ademais coa presenza escepcional dun percebeiro experimentado, Toñico Haz, que explicou con detalle os nomes da costa de Lourido a Touriñán.

O roteiro deixou unha magnífica impresión a todos os excursionistas.

Roteiro Abentiano camiño á Buitra


Ruta Abentiana de Muxía a Touriñán

Xa está o prazo de inscrición aberto | 8/ 4/2014

Xa está aberto o prazo para anotarse para o roteiro abentiano que organiza a Fundación Gonzalo López Abente, para o vindeiro venres 15 de agosto.

Trátase dun roteiro poético cultural guiado por Xan Fernández e que terá tramos a pé e tramos en bus ata Touriñán. Tamén haberá lecturas de poemas con Xaime Trillo, RosalÍ Fernández Rial e Suso Sambade.

Para participar hai que inscribirse nas oficinas do Concello de Muxía, antes do día 13. (tf. 981 74 20 01)


O orixinal "Os días Condenador. Fragmentos para un devocionario” gañador do II Premio de Poesía Gonzalo López Abente

O autor galardonado nesta edición é Laureano Xoaquín Araújo Cardalda | 7/22/2014

A Fundación Gonzalo López Abente, comunica que o día 11 de xullo do 2014,se reuniu o xurado do II Premio de Poesía Gonzalo López Abente, premio que se convoca en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral de Cultura.

O xurado estivo composto polos poetas María Canosa, María Lado e X. H. Rivadulla Corcón, e por Viki Rivadulla como secretaria do mesmo, e decidiron declarar por unanimidade gañador ao orixinal titulado OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO, que resultou ser da autoría de Laureano Xoaquín Araújo Cardalda.

Na acta do fallo, o xurado salienta a estrutura e forma do libro, un contido fresco e versos con moito simbolismo. Destaca así mesmo o ritmo da composición e que o libro ten un fío condutor consistente, e iso facilita a lectura.

O premio foi entregado o día 19 de Xullo dentro nun acto que se abrirá coa actuación do grupo de Pandereteiras Abaladeiras de Muxía, a continuación impartirá unha conferencia o escritor e patrón da Fundación Xosé Luís Méndez Ferrín, sobre a obra de Gonzalo López Abente, que será presentado por X. H. Rivadulla Corcón, Vicepresidente da Fundación. Continuará coa entrega do premio na que participaran Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Felix Porto, Alcalde de Muxía e Presidente da Fundación, Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, e María Canosa e María Lado en representación do xurado. Pecharase o acto coa actuación da Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía.

O premiado Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, recibirá como premio a cantidade de 2.000 € , ademáis dunha escultura da artista Viki Rivadulla, secretaria de Fundación. O libro será editado por Edicións Xerais de Galicia.

Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (Berna – Suíza 1964) é profesor de Alemán de ensino secundario en Santiago de Compostela. Tradutor, tendo traducido ao galego entre outras obras A morte en Venecia de Thomas Mann e Opinións dun pallaso de Heinrich Böll. É doutor en ciencia política e licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. E ten publicado e ditado conferencias sobre ensino, sociolingüística e tradutoloxía. OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO, será o seu primeiro libro de poemas editado.


Presentación na Coruña

6/19/2014
Este venres 20 de xuño, ás 20,00h da tarde, haberá unha presentación da Fundación Gonzalo López Abente no local da Asociación Alexandre Bóveda, da Coruña (Rúa Olmos, 16).
 

Os manuscritos de López Abente (II)

A Fundación recupera os poemas A Furna e Remorso | 5/27/2014

Xa coñecemos varios manuscritos de López Abente. E hoxe, a través do blog Caderno de Crítica, de Ramón Nicolás e da Fundación Penzol, e gracias á axuda de Miro Villar, recuperamos uns manuscritos foron mandados por López Abente a Francisco Fernández del Riego para unha antoloxía da poesía galega para a Editorial Galaxia nos anos 50.

Aquí vos deixamos co poema «A furna», pertencente ao segundo libro do bardo muxián titulado “Alento da raza” (imprenta Juan Pérez Torres, Madrid, 1917) e mais «Remorso», que fai parte do seu primeiro libro titulado “Escumas da ribeira” (Imprenta Juan Pérez Torres, Madrid, 1911).

Novas relacionadas


Emotivo encontro en Celanova entre Curros e López Abente

A Fundación Curros Enríquez recibíu unha expedición muxiá en Celanova | 5/21/2014

O pasado 10 de maio a Fundación López Abente organizaba unah viaxe cultural para visitar as terras de Celanova, berce de poetas coma Curros Enriquez e Celso Emilio Ferreiro. Precisamente a Fundación Curros Enríquez recibíu á expedición costeira e fixo unha completa guía pola vila lucense. Ola Ubaldo mándoche este correo onde hai un poema de López Abente que foi lido na visita que fixemos a Fundación a Celanova xunto cos da Fundación Curros Enríquez.

Quedaron encantados todos os participantes coas visitas, guiadas por unha experimentada Paula, á Casa dos poetas, o Mosteiro de San Salvador e a Vilanova dos Infantes, localidade ligada ao poeta Xosé Luis Méndez Ferrín.

O momento máis emotivo foi durante a lectura, diante da estatua de Curros, o poema “Unha oración”, realizado por López Abente e dedicado a Curros Enríquez cando foi inaugurada a estatua deste feita por Francisco Asoey en 1927. Un poema tamén recuperado por un dos personaxes "ilustres" de Celanova, como é Cesarito Florón, que en noites de troula o recitaba.


Entradas novas Novas de Interese Entradas antigas