Recensións de Alento da Raza e O diputado por Veiramar  na sección "Follas Novas" nos anos 1917 e 1919 en A Nosa Terra.

 

FOLLAS NOVAS

 

GONZALO López Abente, noso querido amigo, colaborador e irmán na causa galerista, agasallounos c´un exemprar do novo libro de versos de que il é autore, nomeado Alento da Raza. Iste libro leva un prólego d´Aurelio Ribalta, o mestre Ribalta, dino da mais fonda gabanza garimosa.

Gonzalo López Abente, acusa agora nas novas follas tod´a sua forte persoalidade. O poeta de Escmas da ribeira devén superado en Alento da Raza. Hermosos son case todol-os versos d´iste libro; coase todos ispiradísimos. Algúns xeniales.

Inda que ceibas as poesías do volume de que falamos, n´elas latexa unha soma ancestral que as axunta a todas, coma si fosen difrentes cantos d´un soio poema: o poema da Terra e da Raza. A verdadeira musa de López Abente, é a costa brava e verdecente de Bergantiños, onde Pondal oíu os queixumes dos pinos que lle trouxeron sona. López Abente é un namorado do mar, e refrexa seu amore nos seus versos, con xeitos ademirabres. Tamén canta âs panilleiras de Camariñas con moita galanura e afeuto. Hai na rira do poeta de Muxía todal-as cordas. Alento da Raza é un libro no que se olla unha sinxela unidade. Canto afeuto â persoalidade da nosa patria natural alí s´atopa. Ten tamén todo´o côrido e tod´a craridade que caraiteriza ôs poetas modernos. Pertence â nova escola poética galega, na que é mestre Cabanillas. Isto, n´ostante, non quer decire que López Abente imite ô autore de Vento mareiro López Abente ten a sua persoalidade propia, persoalidade inconfundibre de fillo das terras bergantiñáns. Pol-a forteza, pol-a barilidá, pol-o linguaxe, amostra o logar do seu nacimento. Pol-a ispiración, dixérase e que ben conócese que é parente de Pondal.

O Parnaso galego, está d´embora. Alento da Raza é un novo libro notabre que ven a enriquecelo; un novo libro que ficará ollándose en todal-as libreirías dos enxebre se nas casas de cantas persoas sexan donas de bo gusto.

López Abente é un gran poeta, ¡ouh imbéciles escravizados pol-os xuicios alleos que coidades que dimpoisde Curros, Rosalía, Pondal, Lamas, etc, non naceron novos vates capaces de superal-os!

Ouvídeo, desleigados sepultureiros da fala Galega, que honorades con ruín intención a poesía dos nosos poetas mortos, pra abafar o estímolo da xuventude, desbotándoa dos cantos enxebres.

Mais Alento da Raza é inmortal.

A Nosa Terra, 30 de xuño de 1917

 

 

FOLLAS NOVAS

 

 

Axiña se publicará a novela de Gonzalo López Abente, da que ofrecemos un facsímil na portada ós nosos leutores.

O Diputado por Veiramar, que conquiriu o primeiro premio no certáme de novelas feito por iste boletín, vénse imprentando de xeito luxoso, elegante e artístico.

Constituirá o volume número un da “Bibrioteca Galeguista2 na que a inteleutualidá moza da nosa Terra (aquela que sintindo o momento e cheia d´arelas novecentistas fai da sua cultura un arma ó servicio do ideal nazonalista) poderá refrexar o seu talento e o seu arte.

O Diputado por Veiramar, obra d´un alto poeta, marca na nosa literatura renacente a mesma orientazón que A man da Santiña, de Cabanillas. Das ea paradoxa fecunda de que sexan dous mestres do verso os que leven a prosa galega pol-os canles da modernidá, mentras un pensador, soio poeta circunstancial, Vicente Risco, amostra o xeito de facer c´o idioma patrio rimas tan ultramodernas, sinxelas e sotiles, com´as dos vates europeos mais inquedos e aluados.

A man da Santiña, acabou para sempre, c´os vellos tanteos de teatro escrito en galego, con asunto galego pero axeitado ás formas mais pobres e demodées do decadente teatro castelán.

O Diputado por Veiramar, acabará endebén, da mesma maneira, con ises contos e con isas novelas cheira de plebeismo que, millor intenzoadas que gráciles, donábanlle ó galego un senso dialeutal aldraxante e tristeiro.

O galego, coma o portugués, nasceu para valorar universalmente a i-alma da Raza; para ser instrumento da cultura enxebre, tan outa com´a do povo mais fino e esquisito do mundo, e non somente un mostrario de costumes rústicos, onde o pintoresco e o bárbaro aniñaban sempre.

galeguismo no arte, na literatura e na política, xa ten caraiterísticas de seu, gracias ó santo esforzo das nobres Irmandades.

Mentras os “roldadores da muller de Loth” métense pol-o pasado, para estudar os vellos valores galegos mortos, en castelán, a mocedade inteleutual de positivo valimento, érguese cara ó porvir, sintíndo-a nova vida e ofrecéndolle á nova vida seus amores e entusiasmos.

Sen dúbida surdiu xa a “escola galeguista” que ten as fondas esencias do nazonalismo latexante por áas. Apóstoles d´ela, entre outros son, Castelao, na caricatura; Cabanillas, López Abente, Taibo e Porto Rey, na literatura; Risco, Viqueira e Losada Diéguez na pedagoxía e na estética; Peña Novo, Banet Fontenla e Noguerol, na socioloxía e na oratoria; Correa Calderón, Branco Torres, Montero Mexuto e Villar Ponte, no xornalismo; Imeldo Corral, na pintura do paisaxe; Quintanilla na crítica; Balboa e Pita no industrialismo e no agrarismo; Asorey, na escultura; Fernando Osorio, no arte da decramación, e Baldomir e Braxe, na música.

Tod ten un recendo a novedá, afincado no amore a Terra, n´estes precursores d´unha Galicia grande, libre, culta, forte e rica.

O lirismo e o idealismo, forzas íntimas e esenciás da nosa raza tiñan morto nas mans dos que viven sugando da soma d´un vello patriarcado, escravo fa lingoa de Castela. E agora rexurden triunfales. Logo de A man da Santiña, primeira pedra d´un teatro idealista e lírico, coma debe ser o noso, O Diputado por Veiramar, novela nunciadora d´unha novelística galega, esprendorosa.

Y-é n´Ourense, coma en Pontevedra, Lugo e a Cruña, querse dicir, en toda Galicia, onde aparecen apóstoles do novo credo, que alumea dend´a eternidade o espírito fermoso do xenial Porteiro.

 

A nosa Terra, 5 de maio de 1919