Artigos de opinión

Artigos de Opinión de especialistas e históricos poetas e escritores sobre Gonzalo López Abente.:




Artigos de López Abente


«A terra e a poesía de Eduardo Pondal», o discurso de ingreso de Gonzalo López Abente reproducido na páxina da RAG

 

A Real Academia Galega (RAG), e a completa bitácora do noso Miro Villar, achégannos a reprodución do discurso de ingreso do poeta muxián Gonzalo López Abente, intitulado «A terra e a poesía de Eduardo Pondal», que foi pronunciado o 27 de xullo de 1941, nun acto celebrado no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela no que ingresaban na Academia nada menos que 18 membros numerarios en substitución daqueloutros que tiveran que abandonar Galicia por mor da represión franquista.

 

Este número tan elevado de novos académicos impediu que se dese lectura ao preceptivo discurso de ingreso de cada un deles, de maneira que unicamente o de Fermín Bouza-Brey, Mitología del agua en el noroeste histpánico, tivo ocasión de ser pronunciado en público aquel día, e de ser respondido polo novo presidente, Manuel Casás.

Un discurso, o de López Abente sobre Pondal, que non sería publicado ata 1965, coincidindo co Día das Letras dedicado a Pondal, e que estes días publícase na rede por primeira vez: A terra e a poesía de Pondal [PDF 8Mb].

No seu discurso, o que fora membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, analiza -despois da acostumada gabanza do seu predecesor na cadeira, Lugrís Freire- a poesía do bardo de Ponteceso en relación coa súa paisaxe natal: «Xallas, Bergantiños, Soñeira e Nemancos fan a comarca que se remexe vivificada e tremecente co sopro da súa creador da súa fantasía».


López Abente versionado ao portugués

 

Deixamos aquí este excelente artigo de investigación literaria da autoría do Doutor en FiloloXía Galega Xulio Pardo De Neyra intitulado «Sobre el iberismo literario gallego (I). El lusitanismo de Evaristo Correa Calderón y su presencia en el mundo literario portugués», que se publicou en Extremadura en Límite. Revista de Estudois Portugueses y de la Lusofonía (Vol. 1, 2007, pp. 215-225). Do artigo, que se pode ler ao completo nesta ligazón, reproducimos deseguida os parágrafos referidos ao noso poeta (as negras do subliñado son feitas pola Fundación):

En el n. 5, la redacción de Tríptico anunció que «no próximo número publicaremos colaboração de poetas galegos e um desenho de Alvaro Cebreiro», por lo que en el siguiente se incluyó una página de “Poemas galegos” donde figuraban “Cantiga Nova” de Correa (que dedicaba “A Alvaro Cebreiro, ao artista irmão”), “Rimas” de Ramón Cabanillas, “Como ti queiras” de López Abente y, fuera del epígrafe, “A Soidade” de Noriega Varela. En la última página de este número y dentro de la sección “Crítica”, João Gaspar Simões publicaba dos textos, “Ronsel” y “Poemas Galegos”, donde por un lado señalaba que «recebemos, e muito agradecemos, esta revista, dirigida por A. Cebreiro e Correa Calderón, que, de Lugo-Galicia, nos veio e é uma bela prova da maneira como na visinha terra se cultivam as artes e a literatura», y por otro descubría al dibujante coruñés como intermediario y puente entre ambas revistas:

da irmã Galiza nos vieram, pela mão afavel de Alvaro Cebreiro, os poemas que ora publicamos. São éles de Correa-Calderón, o lírico mavioso, que em prosa, lírico é ainda, Ramón Cabanillas que no “Vento Mareiro”, lembra Rosalía Castro, López Abente de amorosa e mansa voz e Noriega Varela, o poeta da saüdade. Eugenio Montez e Vitorino Taibo outros tantos inspirados poetas irmãos, de não menor valor, ficam mau grado nosso, para, em seguintes números, virem a público. Por absoluta impossibilidade material os deixamos de remissa, do que pedimos desculpa a Cebreiro, tão amável intermediário entre êles e a nossa revista. É do mesmo Alvaro Cebreiro, o desenho que reproduzimos, pintor que, com Castelao, forma o díptico de pintores mais de nós conhecidos, irmãos galegos de nascimento e galegos no geito de compor pela saüdosa melancolia, em todos seus trabalhos esparsa. Aqui deixamos patente nosso reconhecimento e, do coração agradecemos, a preciosa colaboração, que da querida irmã Galiza nos veio, tal ramalhete de flores, alegrar a monotonia da nossa revista (Simões, 1925).

Xulio Pardo De Neyra confirmounos a existencia dese poema e facilitounos (cousa que lle agradecemos inmenso) unha copia da colaboración de Gonzalo López Abente que exhumamos na revista Tríptico, núm. 6, datado en Coímbra o 15/01/1925, p. 3.

Na versión portuguesa, da que descoñecemos a autoría. hai unha serie de grallas (como o uso do ñ no canto de nh en ‘mansiña’, ou o uso do x no canto de j na forma verbal ‘sexa’) e o primeiro apelido convértese en Lópes.

Deseguida reproducimos a versión portuguesa e o orixinal tal e como Gonzalo López Abente o publicou no seu sonetario D’Outono (1924).

COMO TI QUEIRAS

Amada, escuita a voz do teu amigo,
mansiña e mol coma a d-un anho novo,
ou fera coma d-un faminto lobo,
segundo sexa o anjo ou o enemigo.
Juiz do meu amor ou má testigo.
Acochadinho vivirei no tobo,
c-os agarimos que contento probo
do teu olhar no que feliz me abrigo.
Mais se ti queres vel-a valentia
dos namorados corazons humanos,
que eu seiba que a turbar tua alegria
Chegaran d’outra terra homens extranhos
e olharas-me, arriscado na porfia,
morrer como os antigos espartanos.

(Do livro no prelo «D’Outono»)

G. LÓPES ABENTE.

(E o soneto orixinal)

COMO TI QUEIRAS

Amada, escoita a voz do teu amigo,
mansiña e mol coma a d’un año novo,
ou fera coma d’un famento lobo,
según que sexa o anxo ou o enemigo
xués do meu amor ou mal testigo.
Acochadiño viviréi no tobo,
c’os agarimos que contento probo
do teu ollar no que feliz me abrigo.
Pro si ti queres vel-a valentía
dos namorados corazóns humanos,
que eu sepa que a turbal-a tua alegría
chegaran d’outro chan homes estranos
e verasme, arriscado na porfía,
morrer coma os antigos espartanos.

 

Artigo de Gonzalo López Abente sobre as posibilidades turísticas da Costa da Morte: