Artigos de opinión

Artigos de Opinión de especialistas e históricos poetas e escritores sobre Gonzalo López Abente.:


Artigos de López Abente

«A terra e a poesía de Eduardo Pondal», o discurso de ingreso de Gonzalo López Abente reproducido na páxina da RAG

 

Real Academia Galega (RAG), e a completa bitácora do noso Miro Villar, achégannos a reprodución do discurso de ingreso do poeta muxián Gonzalo López Abente, intitulado «A terra e a poesía de Eduardo Pondal», que foi pronunciado o 27 de xullo de 1941, nun acto celebrado no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela no que ingresaban na Academia nada menos que 18 membros numerarios en substitución daqueloutros que tiveran que abandonar Galicia por mor da represión franquista.

 

Este número tan elevado de novos académicos impediu que se dese lectura ao preceptivo discurso de ingreso de cada un deles, de maneira que unicamente o de Fermín Bouza-Brey, Mitología del agua en el noroeste histpánico, tivo ocasión de ser pronunciado en público aquel día, e de ser respondido polo novo presidente, Manuel Casás.

Un discurso, o de López Abente sobre Pondal, que non sería publicado ata 1965, coincidindo co Día das Letras dedicado a Pondal, e que estes días publícase na rede por primeira vez: A terra e a poesía de Pondal [PDF 8Mb].

No seu discurso, o que fora membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, analiza -despois da acostumada gabanza do seu predecesor na cadeira, Lugrís Freire- a poesía do bardo de Ponteceso en relación coa súa paisaxe natal: «Xallas, Bergantiños, Soñeira e Nemancos fan a comarca que se remexe vivificada e tremecente co sopro da súa creador da súa fantasía».

Artigo de Gonzalo López Abente sobre as posibilidades turísticas da Costa da Morte:

Artigo de López Abente sobre a Terra Finisterrana