NO BALCÓN INFINDO

 

Se me poño ao balcón do infindo espazo

e ouzo o duro rumor do alto silenzo,

sinto no corazón tal baticazo

que o pánico mortal xa non o venzo.

 

Medos a tremelar polo baldeiro

vestidos de negror ¡tétrica estampa!

na espera do Xuez, do verdadeiro,

que obrigue a se enterraren baixo a campa.

 

Choerei o balcón do espazo infindo

e buscarei descanso no meu leito...

¡Que desexo de cote estar dormindo

co corazón tranquilo no meu peito!