ROSALÍA

 

     A Leonardo Coimbra

 

As ondas dun prefume meigo e soave

espállanse no chan da terra amada

cos armoñeses sons da enfeitizada

liria de ouro que inda hoxe non se sabe

 

se ri ou chora, coma a gaita grave

que salaia e relouca na ruada.

Eres ti, poetisa inmaculada,

ti, que da Patria incensas a outa nave,

 

a dona da emoción que dentro trema

do meu nervioso corporal sistema,

de tal xeito que en mística manía

 

coido, cando os teus versos estou lendo,

(e perdóeme Deus se así o ofendo)

que comulgo o manxar da Eucarestía.