Cartel da entrega do VI Premio de Poesía GLA

7/11/2019


ONDE NACEN AS HEDRAS de Ana Varela Miño gaña o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Foto do xurado do VI Premio de Poesía GLA: Xulio Cid Neira, Suso Sambade e Noelia Gómez Calvo. | 7/ 1/2019

ACTA DO XURADO DO VI PREMIO DE POESÍA
GONZALO LÓPEZ ABENTE
 
Reunido o xurado do VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente composto polos poetas Noelia Gómez Calvo, Xulio Cid Neira e Xesús M. Sambade Soneira, Secretario da Fundación con voz e voto, decide por unanimidade conceder o Premio de Poesía Gonzalo López Abente ao poemario Onde nacen as hedras presentado co lema Pitia, que corresponde ao nome de ANA VARELA MIÑO.

 

En Onde nacen as hedras atopamos coherencia e cohesión en todo o percorrido poético, desde o título, as citas introdutorias de Anne Carson e Louise Grück, ata o propio corpo do texto. Trátase dun poemario que dá sinais, prevé o baleiro, abre as fendas do que xa non é, ata chegar a a habitar o oco, ese lugar onde nacen as hedras. Neste tránsito, a escrita actúa como o oráculo que todo o ve, que todo o cose, incluso a ruína. Sen dúbida, estamos ante o poetizar coidado e puído, que se revoluciona a si mesmo en cada poema. Unha linguaxe suave como o tacto da folla, composta de palabras que gabean pola lectura , como hedras.

Entrega de libros da Fundación GLA a institutos e bibliotecas da bisbarra

Acto oficial da entrega á directora do IES Fernando Blanco de Cee | 5/18/2019


Convocatoria VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente

3/12/2019

Entrevista no «Diario Cultural» sobre o poemario: «O xiro».

Noelia Gómez: «A persoa que lea este poemario non vai deixar de xirar en cada texto». | 1/19/2019


Presentación en Rianxo de “O xiro” de Noelia Gómez

1/19/2019

O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019, ás 12:30, terá lugar no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de poemas O xiro, de Noelia Gómez, Premio López Abente 2018.

No acto participarán Raquel García Abuín (filóloga e concelleira de Cultura de Rianxo), Roberto Abuín (filósofo, editor e escritor) e a autora.

Fonte: XERAIS


Noelia Gómez presentou O XIRO en Santiago de Compostela

na librería Lila de Lilith | 1/19/2019

Fonte: AELG


Noelia Gómez presenta O XIRO en NÓS TV

1/19/2019

‘O xiro’, o primeiro poemario de Noelia Gómez

En NÓS TV


Visita ao Museo Vicente Risco e Roteiro por Allariz

Excelente acollida da Fundación Vicente Risco á nosa Fundación | 9/27/2018

A visita cultural realizada a Allariz o 22 de setembro por un grupo de muxiáns e muxiás foi recibida polos membros da directiva da Fundación Vicente Risco, Luís Martínez-Risco, Aguilete e Antonio Blanco, que nos mostraron o contido de cada sala da Fundación. Ademais actuaron de guías polo centro histórico da vila alaricana dunha maneira amena e interesante. Agradecémoslles que nos adicaran a mañá do sábado dunha forma tan cordial e desinteresada.


Viaxe á Fundación Risco e Allariz

A Fundación López Abente organiza unha viaxe a Allariz | 9/10/2018


Novas de Interese Entradas antigas