López Abente en Sinfonía Atlántica

O poeta muxián conta con dous poemas na nova Antología General de la poesía gallega publicada por Eneida | 1/ 9/2013

 

Acaba de saír do prelo o libro Sinfonía Atlántica. Antología General de la poesía gallega, unha edición bilingüe da nosa poesía, publicado por Eneida e cuxa selección, estudo e tradución é de Carlos Clemetson, profesor cordobés de Filosofía e Letras, que tamén imparte as asignaturas de Literatura Catalá e Galega.

O volume, de 797 páxinas, percorre as nosas letras dende a lírica medieval ata os nosos días  aparecendo López Abente, na páxina 53 do estudo preliminar e presentando, logo,  dous poemas da súa autoría, O Castro (páx.380) e A miña terra (páx.382).

Na contracapa presentase o  volume do seguinte xeito:         

Sinfonía Atlántica, xunto a un ampla e clarificadora introdución a todo ese arduo proceso de recuperación da conciencia cultural galega, ofrécenos, en edición bilingüe, os mellores logros desta revitalizada lingua que, consciente xa do seu prestixioso onte, enfróntase ao presente con extraordinario vigor e confianza nas súas propias forzas e no exemplo dos seus predecesores.


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada