A Coruña tamén coñece a Poesía Completa de López Abente

11/20/2013

Presentacion da Poesia Completa de Lopez Abente na Coruna

Este pasado 15 de novembro, o espazo cultural Portas Ártabras, da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, acollía a presentación na Coruña do volume que recolle a totalidade da obra poética do poeta muxián Gonzalo López Abente, baixo o titulo “Poesía Completa”.

 

No acto participaron Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia; X. H. Rivadulla Corcón, vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente; Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e Miro Villar, editor literario da obra que se presenta.

Tendes máis información de como se desenvolveu a presentación no blog de Miro Villar As Crebas.


Entrada antiga Novas de Interese Nova entrada