Pódese pedir por correo electrónico os seguintes libros ao correo electrónico da Fundación: lopezabente@gmail.com

Xa dispoñemos da Unidade didáctica de Gonzalo López Abente.

 

 

Por fin a Poesía Completa de Gonzalo López Abente nunha edición moi coidada feita polo profesor, poeta e crítico literario Miro Villar, que xa se encargara de facer a antoloxía do autor.

Prezo: 30 €

 

BRETEMADA

Publicada no ano 2011 pola Fundación Gonzalo López Abente dun texto depositado na RAG e editado polo profesor Miro Villar en Alvarellos Editora. É un texto de ton épico, na liña de Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas, consta de cen poemas escritos entre os anos 1917 e 1922 no que o personaxe feminino Bretemada vén sendo unha metonimia da propia Galicia.

Prezo: 20 € máis gastos de envío.

 

Xa tedes á vosa disposición a prosa de López Abente. Todas as noveliñas curtas do autor actualizadas e cunha introdución do profesor Suso Sambade, vogal da Fundación. O amor á Costa da Morte e a súa xente está presente e escritas cun estilo fresco e elegante e nas que a paixón xogará un papel importante.

 

Prezo: 18 $ máis gastos de envío.

 

O libro "Dos tempos sombrizos (Diario)", de Daniel Salgado, 1º Premio de Poesía Gonzalo López Abente, xa se pode pedir por 12,50€

Esta unidade didáctica feita polo profesor Xan Fernández Carrera pode ser solicitada polos centros de ensino só polos gastos de envío. 
De se traballar na clase pódese pedir para os departamentos un número determinado.
 
 

ANTOLOXÍA POÉTICA de Gonzalo López Abente realizada a selección e edición polo profesor Miro Villar para a colección de Poesía de Edicións Espiral Maior en 1995.

Prezo: 14 € máis gastos de envío