Prosa

 

 

O DIPUTADO POR BEIRAMAR

O libro foi imprentado na colección BIBRIOTECA GALEGUISTA e leva un debuxo de Castelao na portada.

A Nosa Terra fai unha síntese da obra e sinala que “O diputado por Veiramar refrexa de xeito sinxelo y-ameno a comicidade chea de miserias da nosa política vilega (...)Logo os amores sensuaes d´Ampariño e os amores cheios d´ideialidade da dona de Romelle, eisí coma o remorso e o arrepintimento do marqués de Nemancos” (ANT, xullo de 1919).

 

 

 

O NOVO XUEZ

Sae na editorial Céltiga de Ferrol en xullo de 1922 por iniciativa da Irmandade desa localidade .

Ambientada de novo nunha vila da beiramar sen identificar e que ben podería ser Muxía ou calquera das vilas da Costa da Morte, cóntanos a historia dun xuíz madrileño que vén cunha superioridade que cre racial porque trae o prexuízo de que os galegos son inferiores e as mozas pezas de caza fáciles para unha persoa“refinada”.

 

 

 

BUSERANA

Publicada na editorial Lar de A Coruña en … de 1925.

 Cunha localización concreta: a casa reitoral de Moraime, un narrador-protagonista conta o que lle aconteceu de novo cando foi invitado a pasar as festas de San Xulián ou Xián, patrón de Moraime. A noveliña serve para introducir unha das máis fermosas lendas de Galiza, a da Furna da Buserana.

 

 

 

 

 

FUXIDOS

Publicada en… de 1926 na editorial Lar, é a derradeira novelita curta do autor.

O mar da Costa da Morte é o protagonista do relato. Non aparece o nome da vila, podía ser Malpica, Laxe, Muxía ou Fisterra… de novo o amor e a ambientación dinámica dunha vila mariñeira.

 

 

 

 

 

NOVELA: VAOSILVEIRO

Única novela longa do autor publicada na Editorial Nós en 1929. Narración de corte modernista ambientada na casa señorial de Vaosilveiro, por onde transcorre o Camiño de Santiago pola Costa da Morte. De novo o amor é o centro da narración, neste caso entre unha muller moza e o fillo do seu marido caen nas redes do amor.